As patacas Ama recóllense íntegramente en Piñeira Seca, nunha chaira agrícola rural regada polo río Limia e pertencente á Comarca de A Limia, Ourense. A nosa rexión ten un marcado carácter agrícola polas súas excepcionais condicións climáticas e orográficas, o que proporciona de xeito natural unha conservación excelente, exclusiva e duradeira, única en España para este tipo de tubérculos.